|
|
Taboleiro de Anuncios |
|
|
|
|
|
|
- |
NIF:G36691855 |
SOCIO EXTERIOR APELIDOS |
Zamáns,
10 - xullo -2009
Estimados socios/as:
Achegámosvos a programación da Festa do socio que se celebrará o
vindeiro sábado 18 de xullo nas instalacións do Centro Cultural.
As actuacións comezan ás 19h, será o grupo de pandereteiras da Asociación “Abeleira” quen inicie a festa.
Sobre as 19:30h poderemos disfrutar do baile e da
música do grupo de baile e gaitas Xinela da
Asociación.
A continuación, sobre as 20h do serán, acompañaranos
a Banda de música “Unión Musical de Valladares”.
Dentro do programa de actuacións, contaremos este
ano coa intervención dun coñecido humorista da TVG “Somoza”, que conta cunha intensa traxectoria
por vilas galegas e incluso máis aló das nosas fronteiras, como na Arxentina, a
súa intervención será a partir das 21h.
Para poñer unha nota
gastronómica ó evento, haberá pinchos variados para tódolos socios presentes a
partir das 22h, farase unha homenaxe a
un socio e realizarase tamén o sorteo dun televisor TFT.
E como broche final da festa, disfrutaremos dun
concerto do Grupo Folc Virandeira
da Asociación á partir das 22:30h.
______________________________________________________________________
-Recibos
socios
Ademáis da programación queremos recordarvos que
aínda quedan pendentes de pago algúns recibos, debendo abonar 30€ os recibos
familiares e 20€ os unifamiliares, o pago pódese efectuar no Centro ou en
calquera oficina de Caixanova na conta
2080-0082-4-1-0040004240.
Aproveitamos para poñernos como sempre a vosa disposición e
agradecervos a colaboración.
Recibide un cordial saúdo.